Prezados/as veciños/as:
Queremos unha nova Ponteareas. Coidada, verde, saudábel, limpa, agradábel e fermosa. Unha vila pensada para as persoas, para a xente maior e os máis cativos, para as persoas con mobilidade reducida ou para as bicis.
A contorna do cemiterio municipal é unha zona á que concurren moitos veciños e veciñas. Na actualidade non ten beirarrúas pavimentadas nin presenta un aspecto uniforme sen estar claramente delimitado o espazo para os peóns. Pero chegou o día no que imos mudar as cousas para que a contorna do cemiterio sexa un espazo novo, mellor aproveitado, con máis usos dos que desfrutar.
As actuacións proxectadas cotemplan unha senda peoníl dende o cemiterio ata a rúa Miguel Ángel Blanco (EP-4001) con orientación suroeste – nordeste e a instalación de canalizacións de saneamento formada por un Colector principal ó longo da EP-4001, un Colector secundario cara ó interior de Fontenla e outro Colector secundario pola estrada do Cemiterio Municipal. Tamén se canalizarán as augas que escorreguen da calzada e se renovará a capa de rodaxe.
Ó longo do cemiterio haberá zonas verdes ao redor das árbores existentes que permitirán mantelas e mellorar ó seu entorno.
Co fin de aumentar a seguridade dos peóns e conseguir unha redución efectiva da velocidade dos vehículos, á altura da entrada principal do cemiterio disporase un paso de peóns elevado
No noso empeño por transformar Ponteareas, o goberno local decidíu acometer numerosas obras de humanización e recuperación de rúas, prazas, parques e espazos públicos para poñelos ao servizo das persoas. E para facelo queremos contar coa xente, cos que viven e traballan neses espazos, que mellor os coñecen e que máis desexan a súa transformación en lugares ideais para vivir.
Agora poñemos ao voso dispor a proposta técnica de renovación da contorna do cemiterio e, como punto de partida para coñecer a vosa opinión, para o voso estudo e análise co desexo de que nos fagades chegar o voso parecer.
Con esa finalidade habilitamos un espazo na web do Concello denominado “Ponteareas o teu fogar” onde podes atopar a proposta de reforma do Alto da Gloria. Concluido o proceso participativo, o equipo técnico redactará o proxecto definitivo e as obras, que disporán de financiamento, adxudicaranse para seren realizadas durante o ano 2019.
Estou convencido de que combinando a vontade deste goberno de transformar Ponteareas nunha vila pensada para as persoas co compromiso cívico e participativo dos que queredes un futuro mellor, Ponteareas e o Alto da Gloria serán o que todos e todas desexamos.
Xosé Represas Giráldez Chus Garrote
Alcalde Tenente de Acalde